Dende 1973, o 5 de xuño de cada ano celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.
Un sinfín de actividades son programadas nesta data arredor de todo o globo, coa misión de sensibilizar á poboación fronte os problemas medioambientais.

Dende Galicia queremos formar parte deste importante evento e aportar todo o apoio ó noso planeta. Gracias á colaboración de empresas e colectivos ecoloxistas do noso entorno, pretendemos educar individualmente para cambiar globalmente


A defensa dos bosques galegos e a súa fauna, serán a pedra angular deste encontro que terá lugar na cidade de Pontevedra o sábado 5 de xuño. `Naturaliza 2010´é o nome deste festival que servirá de precedente hacia futuras edicións.


CUBO ABERTO - AVELAIONA


Conferencias:
 
Rubén Portas (ASCEL) O Lobo, conservación dunha especie senlleira.
A Charla centraráse en explicar os mitos que enmascaran a realidade da bioloxía e ecoloxía desta especie perseguida dificultando así a sú
a conservación e un coñecemento total das ameazas que sufre este animal a diario nos montes galegos.

Xoan Hermida (Amarante) Consumo Responsábel
Cada vez que mercamos un produto estamos a establecer relacións comerciais co resto do mundo. O poder dos consumidores e consumidoras radica na súa capacidade de optaren por produtos elaborados e comercializados con métodos que aproben, e que rexeiten os que non cumpran esas condicións. O obxectivo, xa que logo, é pórse diante desa realidade e favorecer o equilibrio nas relacións comerciais


Xan Duro (Verdegaia) Ecoloxismo social, Unha saída para a crise

Antonio Cordeiro (Grupo de Anelamento Anduriña) 
Custodia do territorio, o caso da carballeira de Pastoriza

Exhibición de Arte Urbana
Tamén denominado street art, esta disciplina de arte da rúa da era postgraffiti queda moi lonxe das pintadas de nomes e sinaturas que invaden as paredes das grandes cidades. Con orixinais e innovadores deseños de carácter reivindicativo, estes artistas do urbano ceiban a arte que permaneceu oculta en galerías e museos.
A mostra, xuntando a súa creatividade e puntos de vista, estes creadores realizarán un mural inspirándose nos actuais problemas medioambientais de Galicia.
 
Desenvolvido por Eber Cameselle e Iria Fafián.