Dende 1973, o 5 de xuño de cada ano celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.
Un sinfín de actividades son programadas nesta data arredor de todo o globo, coa misión de sensibilizar á poboación fronte os problemas medioambientais.

Dende Galicia queremos formar parte deste importante evento e aportar todo o apoio ó noso planeta. Gracias á colaboración de empresas e colectivos ecoloxistas do noso entorno, pretendemos educar individualmente para cambiar globalmente


A defensa dos bosques galegos e a súa fauna, serán a pedra angular deste encontro que terá lugar na cidade de Pontevedra o sábado 5 de xuño. `Naturaliza 2010´é o nome deste festival que servirá de precedente hacia futuras edicións.


ZONA ACTIVIDADES – O CERQUIÑO

Ioga Kundalini
Actividade que combina movemento, respiración, estiramento e relaxación. A ciencia da secuencia, o ritmo e o son. O ioga, introducido á nosa disciplina diaria, axúdanos a reducir o estrés, eliminar a tensión e acougar a ansiedade. A clase será unha breve introdución ao ioga kundalini e aos seus exercicios.
Desenvolvido por: Centro de Ioga Kundalini Narayan

Arteterapia
A través do proceso creativo con diferentes técnicas plásticas, a persoa cavila acreca dos seus procesos internos, sentimentos e emocións, como redescubrimento das propias capacidades e habilidades de expresión.

Obxectivos:
Potenciar o estado de saúde
Favorecer o achado persoal de procesos internos.
Desenvolver a autoestima e a capacidade de expresión.
Experimentar con distintas técnicas plásticas.
Promover un espazo de diálogo, encontro e integración
Desenvolvido por Ismael Rodríguez – IRF

Teatro

Obra: Tikismiki
Espectáculo de rúa para todos os públicos que combina maxia, clown, malabares e unha boa dose de humor que non deixará aos espectadores indiferentes, máis ben deixaráos diferentes: abraiados, ilusionados, coas bocas abertas, ledos, danzantes...
Desenvolvido por Óscar Tosán – Imasxinarium Plus



Masa Crítica
A Masa Crítica é unha “coincidencia organizada” de ciclousuarios que realizan un paseo colectivo pola cidade. Principiou en San Francisco (EE.UU.) no ano 1992 a partir dunha reunión da SF Bike Coalition. Chris Carlsson propuxo que xa que había xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, “por que non quedarmos unha vez ao mes, facernos visibles entre nós mesmos e o resto da cidade e volver a casa todos/as xuntos/as?”
Neste caso se fará unha volta simultánea as cidades de Galicia cos ciclousuarios organizados polos clubes ciclistas de Pontevedra, A Coruña, Lugo e Ourense e que darán unha volta a sua cidade reivindicando o uso da bicicleta.
Desenvolvido por Brais Palmás.

Manifestación Contra as Celulosas 
convocada pola Asociación para a Defensa da Ría (APDR)


Ademáis, o Domingo pola mañan están previstos dous roteiros:
* Clube de Montañeiros: Baixo Miño
* Verdegaia Pontevedra: Serra do cando, Proxectos SACRE (Seguimentos aves comúns reproductoras); Censo Aves rapaces e SARGA (Seguimento Anfibios e réptis).