Dende 1973, o 5 de xuño de cada ano celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.
Un sinfín de actividades son programadas nesta data arredor de todo o globo, coa misión de sensibilizar á poboación fronte os problemas medioambientais.

Dende Galicia queremos formar parte deste importante evento e aportar todo o apoio ó noso planeta. Gracias á colaboración de empresas e colectivos ecoloxistas do noso entorno, pretendemos educar individualmente para cambiar globalmente


A defensa dos bosques galegos e a súa fauna, serán a pedra angular deste encontro que terá lugar na cidade de Pontevedra o sábado 5 de xuño. `Naturaliza 2010´é o nome deste festival que servirá de precedente hacia futuras edicións.


ZONA MULTIDISCIPLINAR - O CARRIZO

Concertos
Jacomina Kistemaker - Instrumentos tradicionais do Himalaia
Sicóloga holandesa, pioneira en España no traballo con terapias que integran a sabedoría do son. Para isto válese de antigos intrumentos tradicionais así coma as tixelas tibetás, gongs e tingshas, acompañados da súa propia voz.

Maktubikán - Músicas do Mundo

Mercado de Troco
Trátase dunha cita co sentido común: a ecoloxía é o aforro. Neste mercado non existe a moeda, non se vende nin se merca, só se intercambia. Parácheste a pensar en cantas cousas tes na casa que non utilizas?
Desenvolvido por Verdegaia & Amarante.

Mostra de Artesanía
Aprenderemos como se traballan distintos materiais, as súas utilidades e as súas aplicacións.
Desenvolvido por Marroquinaría Anam.

Caravana de “PALLASOS EN REBELDÍA”
“Pallasos en Rebeldía”, Asociación Cultural e de Cooperación Internacional presenta o documental “Mashi trasi que trasi”, de Edu Alter, nado na última caravana de “Pallasos en Rebeldía” en Palestina, en abril de 2009. 
Esta caravana e o documental son o anticipo do proxecto: FestiClown Palestina 2010, a realización do Primeiro Festival Internacional de Clown que terá lugar en Palestina en outubro de este ano. 

Para mais información pincha aquí

Sorteo da cesta de Comercio xusto e finalización do festival