Dende 1973, o 5 de xuño de cada ano celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.
Un sinfín de actividades son programadas nesta data arredor de todo o globo, coa misión de sensibilizar á poboación fronte os problemas medioambientais.

Dende Galicia queremos formar parte deste importante evento e aportar todo o apoio ó noso planeta. Gracias á colaboración de empresas e colectivos ecoloxistas do noso entorno, pretendemos educar individualmente para cambiar globalmente


A defensa dos bosques galegos e a súa fauna, serán a pedra angular deste encontro que terá lugar na cidade de Pontevedra o sábado 5 de xuño. `Naturaliza 2010´é o nome deste festival que servirá de precedente hacia futuras edicións.


ZONA INFANTIL - O BOLETO


Ioga para nenos
Sendo unha práctica milenaria, moitas das posturas do ioga teñen nomes e formas tomadas da natureza. Aproveitando estas semellanzas cóntase unha historia na que os cativos van encarnando animais, plantas ou obxectos, que escenifican as accións que ocorren dentro da historia.

Proveitos do Ioga:
Os nenos desenvolven corpos fortes, sans e flexibles
Axuda a combater a obesidade infantil, promovendo unha alimentación máis sa.
Desenvolven a expresión creativa e a imaxinación.
Incrementan os seus períodos de concentración e atención.
Aprenden a se relaxaren e dormen mellor.
Enfróntanse ao estrés dun xeito máis eficiente.
Adquiren un sentido da conciencia e respecto por eles mesmos, os demáis e o mundo que os rodea.
Desenvolvido por Centro de Ioga Kundalini Narayan

Obradoiros de malabares & Globoflexia
Os malabares son o manexo habelencioso de diferentes elementos de xeito simultáneo que supón o desenvolvemento de cualidades como a técnica, a práctica constante e a psicomotricidade. A segunda parte do obradoiro consiste na creación de figuras animais a partir da transformación de globos.

Obxectivos:
Coñecer o proceso para construír pelotas de malabares propias.
Aprender as técnicas básicas de manexo.
Fomentar actividades de lecer alternativas, a cooperación e o compañeirismo.
Pasar un bo anaco.

Desenvolvido por Jaime Brandariz.

Obradoiro de Máscaras e Antefaces
Creación de máscaras e antefaces a elección e posterior decoración. Os nenos de entre 6 e 12 anos poderán recrear as cabezas dos seus animais favoritos.
A metodoloxía utillizada será principalmente a interactiva e participativa.
Desenvolvido por Helena Ayape & Eva Piñeiro.

Aprende e Colorea
Pequena gardería ao coidado de monitores de tempo libre. Este espazo está destinado a que os máis cativos se divirtan mentres os seus pais gozan das actividades. 
Aberto durante toda a xornada.